Xornadas europeas de Arqueoloxía

Co gaio da celebración das Xornadas europeas de Arqueoloxía, vanse celebrar actividades para o público infantil no Castelo de San Antón e no Castro de Elviña, os días 17 e 18 de xuño.

As actividades son gratuítas e requiren inscrición previa por orde de chamada ata completar capacidade, no teléfono 981 189 850. Apertura do prazo de inscrición: mércores 7 de xuño ás 10.00 h.

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón:

Traballos invisibles. A arqueoloxía que non se ve

Finaliza o traballo dos equipos de arqueoloxía despois das escavacións? Onde van parar todos os obxectos recuperados? Como é o labor nos gabinetes de arqueoloxía? A rapazada achegarase ao traballo de laboratorio desempeñado por arqueólogos e arqueólogas para descubrir a historia dos obxectos atopados e con eles o xeito de vivir no pasado.

  • Día: domingo 18 xuño
  • Hora: 11.45 h
  • Duración aprox.: 1 h e 30 mín
  • Público: de 6 a 12 anos
  • Prazas: 20
  • Gratuítos con reserva previa.

Gabinete de arqueoloxía en San Antón

Achegarémonos durante a actividade ao traballo desempeñado por conservadores e restauradores que permite recuperar a estética e o estado de moitos dos obxectos atopados nas escavacións arqueolóxicas. Tamén descubriremos os pecios e os obxectos que temos no museo e que foron atopados neles. Xa por último, experimentaremos co traballo dos restauradores para recuperar un obxecto que despois levaremos para casa.

  • Día: sábado 17 xuño
  • Hora: 11.45 h
  • Duración aprox.: 1 h e 30 mín
  • Público: de 6 a 12 anos
  • Prazas: 20
  • Gratuítos con reserva previa.

Castro de Elviña

Prospección arqueolóxica en Elviña

Como saben os arqueólogos onde teñen que escavar? Como delimitan o espazo? Que ferramentas utilizan? Cun percorrido dinámico polo castro de Elviña poderemos achegarnos ao labor dos arqueólogos, coñecendo os traballos previos de prospección e preparación do terreo, e tamén os traballos de gabinete que permiten descubrir as historias dos muros e dos obxectos. Durante o camiño iremos completando unha serie de probas grupais para descubrir os segredos que se agochan en Elviña.

  • Día: sábado 17 xuño
  • Hora: 17.00 h
  • Duración aprox.: 1 h e 30 mín
  • Público: de 6 a 12 anos
  • Prazas: 20
  • Gratuítos con reserva previa

Arqueoloxía en acción!

O noso grupo poñerase na pel de arqueólogos e arqueólogas para traballar nunha escavación simulada. Descubrirán de primeira man o traballo, ao mesmo tempo que observan obxectos vencellados cos restos atopados en Elviña. Aproveitaremos para falar das ferramentas utilizadas e tamén da importancia do método. Por último, terán ocasión de percorrer o xacemento para coñecer os lugares máis especiais.

  • Día: domingo 18 xuño
  • Hora: 17.00 h
  • Duración aprox.: 1 h e 30 mín
  • Público: de 6 a 12 anos
  • Prazas: 20
  • Gratuítos con reserva previa

Deja un comentario