Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

  • Participación no fondo solidario de libros de texto para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, e 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria.
  • Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial.
  • Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial. 
  • Non superar determinada renda a unidade familiar, ou ter recoñecida unha discapacidade con independencia da renda. 
  • As persoas beneficiarias deberán usar os vales nas librarías e demais establecementos o antes posible, e en todo caso, ata o 10 de abril de 2024.
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica (procedemento ED330B), presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa.
  • O alumnado que, transcorrido o prazo, se incorpore a un centro procedente de fóra de Galicia ou dun centro en Galicia non sostido con fondos públicos terá o prazo dun mes desde o día seguinte á formalización da matrícula. O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza na FP básica tamén poderá presentar a solicitude no prazo dun mes desde a formalización da matrícula.

INSCRICIÓNS: Ata o 21/06/2023

1. A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP e a todos os cursos de ESO, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase:

  • Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias. Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.
  • Unha vez esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:
    • Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis libros de texto.
    • Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro libros de texto.
    • Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis libros con independencia da renda. 

2. A contía das axudas para adquirir libros de texto será:

  • Para o alumnado de 1º e 2º de EP:
    • 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €. 
    • 2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.
  • Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 300 € con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
  • Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
  • Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO que non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso en que estea matriculado e non existan libros adecuados no fondo solidario en ningún curso, o centro expediralle un vale coa axuda co que poderá adquirir libros ou material didáctico e complementario específico que o centro docente determine en cada caso:
    • Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP:
      • 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.
      • 2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.
    • Alumnado de ESO:
      • 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 270 €.
      • 2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 180 €.

3. A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO será:

  • 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €.
  • 2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.
  • O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda por importe de 75 € con independencia da renda.

Máis información nas seguintes ligazóns:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0002_es.html
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&anno=2023&numpub=1&lang=gl
https://agafan.net/compra-de-libros-de-texto-y-material-escolar-curso-2023-24/

Deja un comentario