Durante cinco días no Fórum Metropolitano o público familiar contará cunha oferta de espectáculos de monicreques de gran diversidade técnica, de estéticas e temáticas moi variadas, sempre divertidas e emocionantes.
A QUEN VAI DIRIXIDO? Público Familiar
CANDO: Dende o 23/12/2022 ata o 29/12/2022
HORARIO: 18:00 h
ENDEREZO: Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
PREZO:
ENTRADA: 3,00 €.
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 6,00 €.
MENORES DE 2 AÑOS : 2,00€
TELEVENDA: Ataquilla.com
REQUISITOS:
– Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
– Todas as persoas que accedan ao auditorio do Forum deben facelo con entrada.
– Despois do espectáculo, se che gustou, compárteo nas redes sociais ou déixanos un comentario no noso correo forum@coruna.es
PROGRAMA:
- LA RATITA PRESUMIDA de Tropos Teatro de Títeres
venres 23 de decembro de 2022, ás 18:00h
Unha obra de monicreques de crochet, para público familiar a partir de 3 anos.
Duración: 45 minutos. En castelán.
- LA MONA SIMONA de La Sonrisa del Lagarto
luns 26 de decembro de 2022, ás 18.00 h
Teatro de sombras chinesas, monicreques, narración e interpretación, para público familiar a partir de 5 anos.
Duración: 55 minutos. En castelán.
- SAGA DE FLIN HAVARDR de Teatro Marionetas Trécola
martes 27 de decembro de 2022, ás 18.00h
Unha obra orixinal de Trécola representada por marionetas de fíos e música en directo, para público familiar a partir de 3 anos.
Duración: 50 minutos. En galego.
- CHINCHULINA Y EL RUISEÑOR DE LA CHINA de La Canica Teatro
mércores 28 de decembro de 2022, ás 18.00h
Monicreques de madeira, obxectos e danzas do lonxano oriente, para público familiar a partir de 4 anos.
Duración: 45 minutos. En castelán.
- GÜELA-GÜELA de Galitoon
xoves 29 de decembro de 2022, ás 18:00h
Espectáculo de monicreques con luz negra, para público familiar a partir de 2 anos.
Duración: 45 minutos. En galego.
VENDA DE BILLETES:
- www.ataquilla.com
- Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00h e das 16.30 ás 19.30 h.
- Despacho de billetes do Forum Metropolitano: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
Publicación orixinal aquí
Pingback: Agenda peques semana 19 – 25 diciembre – Tobogalia
Pingback: Agenda peques semana 26 diciembre – 1 enero – Tobogalia