Obradoiros en Familia no Museo de Belas Artes (A Coruña). Picasso branco no recordo azul

Trátase de que os participantes desenvolvan as súas propias creacións utilizando como contextualización distintas obras da exposición temporal Picasso branco no recordo azul, de tal forma que sirvan de base e inspiración.

  • Público: crianzas de 4 a 10 anos, acompañadas dun adulto
  • Datas: sábados 15, 22 e 29 de abril; 6, 13 e 27 de maio; e 3, 10 e 17 de xuño.
  • Horario: de 17:00 h a 18:30 h
  • Impartido por Arké Espacio Educativo
  • Prezo: gratuíto
  • Prazas: 12 / quenda
  • Lugar: Museo de Belas Artes da Coruña

Inscrición:

  • Todas as actividades son de balde previa inscrición a partir do 10 de abril
  • A inscrición está limitada a un obradoiro por familia. No caso de dispoñibilidade de prazas, abrirase un novo prazo de inscrición para outras datas.
  • A inscrición realizarase enviando a folla de inscrición (dispoñible ao final da páxina) ao correo electrónico actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal
  • O envío do formulario non garante a reserva de praza, é necesario recibir confirmación por parte do Museo.

Programa de actividades

A Torre de Caramelo (15 de abril, 6 de maio e 3 de xuño)
Así chamaba o artista a Torre de Hércules e imos crear a nosa propia Torre de Caramelo. Os materiais diversos e poco convencionais que espertan a creatividade e invitan a saírnos das pautas marcadas serán o eixo arredor do cal xire o deseño e a construcción deste proxecto.

Rostros Picassianos (22 de abril, 13 de maio e 10 de xuño)
Unha das imaxes máis icónicas de Pablo Picasso son os seus rostros: desmontados, xirados en varias perspectivas. de proporcións imposibles… Imos xogar, experimentar e crear con este elemento tan coñecido e tan cheo de posibilidades: O Rostro.

Deconstruíndo a Pablo (29 de abril, 27 de maio e 17 de xuño)
Pensáchedes algunha vez en como serían os cadros se cobrasen vida saíndo do seu marco? Esta é a premisa coa que imos xogar e crear neste obradoiro. Pasaremos das dúas ás tres dimensións, a través dun proxecto artístico no que se funden a pintura, a escultura e o tinkering, dándolle vida a unha natureza morta.

Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

Fonte: web do Museo de Belas Artes da Coruña

Deja un comentario