
Obxectivos
- Comprender a importancia dos cambios estacionais nos ecosistemas.
- Coñecer curiosidades e características sobre a influencia do outono nos seres vivos.
- Descubrir a importancia das árbores autóctonas e os froitos de outono nos ecosistemas galegos.
- Divulgar a importancia de conservar a nosa biodiversidade.
Contidos
- Coñeceremos como afecta o outono á nosa biodiversidade e como os seres vivos conseguen adaptarse ás novas condicións.
- Descubriremos, ao través de xogos encadeados, curiosidades da flora e fauna e a súa relación coa estación outonal.
- Crearemos arte outonal deixando voar a nosa creatividade para compoñer animais con elementos naturais típicos do outono.
Metodoloxía
Descubrimento a través de actividades e xogos.
Responsable
Cristina Seijo. Bióloga.
Idade recomendada
Rapaces e rapazas de 6 a 12 anos
Tamaño dos grupos
Máximo 25. É necesario facer reserva previa, alo menos con dous días de antelación á data do obradoiro.
Data e horario
Sábado, 8 de outubro, de 11 a 13 horas
Prezo
4€ por persoa
Link inscripción: https://www.usc.es/museohn/museo/ficha_obradoiro.html