Nenoarquitectura, 1º trimestre. Fundación Luís Seoane

Do 1 de outubro ao 17 de decembro, a Fundación Luis Seoane acollerá unha nova edición de Nenoarquitectura, os obradoiros infantís de arquitectura que achegan de maneira lúdida esta e outras materias, como o urbanismo, a pintura ou o deseño aos máis pequenos. Neste primeiro trimestre, esta actividade abordará a obra de Le Corbusier e Leonardo da Vinci, a arquitectura da antiga Roma e do Xapón imperial, así como disciplinas como a fotografía ou o deseño.

Os obradoiros para idades comprendidas entre os 4 e os 5 anos e entre os 6 e os 10 anos empregarán os bloques de construción do Sistema Lupo, mentres que as actividades para os participantes de entre 11 e 14 anos inspiraranse nas experiencias desenvolvidas no proxecto do Laboratorio Escóitasme? Ademais, ao igual que en ocasións anteriores, Nenoarquitectura contará coa colaboración de artistas e especialistas convidados.

O custe da matrícula é de 50 euros, aplicándose un desconto do 10% para grupos de irmáns. As follas de inscrición poden descargarse a través dos enlaces seguintes:

Tropeza_4_5

Empeza_6_10

Laboratorio_Escóitasme_11_14

Deja un comentario