O próximo 21 de febreiro, Martes de Entroido e festivo local, a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae será gratuíta.
Para visitar o Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o venres 17 de febreiro ás 10.00 horas aquí. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan.
A visita á Casa das Ciencias e á Domus será libre, sen reserva previa, e sempre que a capacidade non estea completa.
As persoas que queiran asistir a unha sesión de planetario na Casa das Ciencias deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de cada sesión na recepción do museo, entregando un máximo de 2 invitacións por persoa. Haberá 4 sesións:
11.30 h: «La noche es necesaria». Maiores de 10 anos
13.00 h: «O ceo de Cloe». De 4 a 6 anos
17.00 h: «Polaris». Maiores de 7 anos
18.00 h: «Lévame á Lúa». Maiores de 10 anos
O horario de apertura será de 10.00 a 19.00 horas, co último acceso ás 18.00 horas no Aquarium Finisterrae, e ás 18.30 na Casa das Ciencias e Domus.
Publicación orixinal aquí
