Baixo o título ‘Alicia no Fórum das marabillas’, nenos e nenas de entre 6 e 11 anos poderán gozar dunha noite de aventura este 25 de novembro
Do sábado 25 de novembro (ás 19:00) ao domingo 26 de novembro do 2023 (ás 13:00) no Forum Metropolitano.
Inscrición: A partir do mércores 8 de novembro, ás 9.00 h. A través do seguinte formulario.
Cota: 25 € por participante.
Inclúe: a cea do sábado (tortilla, croquetas e bocadillos variados, froita e zumes), o almorzo do domingo (galletas, bolos, leite con chocolate, zumes e froita), así como os materiais para as actividades.
Pago de cota:
Logo da confirmación da praza o 10 de novembro, as familias terán que realizar o abono da cota de inscrición mediante transferencia bancaria (ES39 0182 5778 0902 0158 4988 – BBVA).
Debe realizarse antes do 14 de novembro, inclusive, e enviar o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org, xunto co nome/s dos/das nenos/as indicando no asunto «Durme no Fórum».
Requisitos:
- Nenas e nenos nados entre o 2012 e o 2017, que estean a cursar E. Primaria.
- Pagar a cota de inscrición no prazo establecido.
- Os/as participantes teñen que ter autonomía persoal.
Os/as participantes deberán asisitir con:
- Roupa e calzado moi cómodos, preferiblemente roupa deportiva.
- Unha botella de auga para encher.
- Artigos de aseo persoal.
- Un saco de durmir.
- Opcionalmente, unha esterilla (se non é posible, o Forum dispón de esteiras e un tatami).
Os/as irmás terán que cubrir un formulario por cada nena/o. No caso de ser a última praza adxudicada a un/unha deles/as, entrarán xuntos, sempre e cando a marca temporal entre as solicitudes sexa inferior a dez minutos.
A partir do xoves 10 de novembro, as persoas inscritas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza adxudicada, por rigorosa orde de inscrición.
Aquelas persoas que se inscriban e non reciban a confirmación da praza, pasarán a unha listaxe da agarda.