Durme no Fórum

Do sábado 19 de novembro (ás 19:00) ao domingo 20 de novembro do 2022 (ás 13:00) no Forum Metropolitano.

Inscrición: A partir do mércores 2 de novembro, ás 9.00 h. A través do formulario.

Cota: 25 € por participante.

Inclúe: a cea do sábado (tortilla, croquetas e bocadillos variados, froita e zumes), o almorzo do domingo (galletas, bolos, leite con chocolate, zumes e froita), así como os materiais para as actividades.

Pago de cota:

  • Con data tope o luns 7 de novembro (incluído) terán que facer o ingreso da cota, por transferencia á conta núm. ES76 2080 0036 6230 4002 1977. 
  • E enviar o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org, xunto co nome/s dos/das nenos/as e co título «Durme no Forum».
  • Non se farán devolucións, agás que se cubra a praza con outro/a solicitante da listaxe de agarda.

Requisitos:

  • Nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, nados entre o 2010 e o 2016, que estean a cursar E. Primaria.
  • Pagar a cota de inscrición no prazo establecido.
  • Os/as participantes teñen que ter autonomía persoal.

As prazas están limitadas a 180 participantes. Se non se cubrira un mínimo de 100 prazas, suspenderase a actividade e devolveráselles o importe da inscrición.

Se queres pasalo ben, atrévete a internarte nunha aventura sen fin, chea de sorpresas, onde todo é posible… Moitas son as aventuras que o espazo e a saga de Star Wars nos deron, pero como as que viviremos no Forum… nunca serán contadas. Personaxes, lugares insólitos, aventuras, intrigas,… estarán no Forum para facer desa noite unha velada divertida e única… Pero ollo!, as cousas non son o que asemellan… Se tes o espírito dos «Jedi»  e queres vivir unha noite divertida na que nada vai ser o que parece. Explora os recunchos do Forum para atopar, descubrir e vivir as innumerables aventuras que o espazo e o universo Star Wars nos ofrece, dunha forma totalmente distinta a das pantallas. Demostra o teu valor realizando as probas máis intrépidas e aloucadas, endexamais vividas. Goza dunha noite incrible, onde, por raro que pareza, todo pode acontecer.

Os/as participantes inscritos deberán asisitir con:

  • Roupa e calzado moi cómodos, preferiblemente roupa deportiva.
  • Unha botella de auga para encher.
  • Artigos de aseo persoal.
  • Un saco de durmir.
  • Opcionalmente, unha esterilla (se non é posible, o Forum dispón de esteiras e un tatami).

Os/as irmás terán que cubrir un formulario por cada nena/o. No caso de ser a última praza adxudicada a un/unha deles/as, entrarán xuntos, sempre e cando a marca temporal entre as solicitudes sexa inferior a dez minutos.

A partir do xoves 3 de novembro, as persoas inscritas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza adxudicada, por rigorosa orde de inscrición.

Aquelas persoas que se inscriban e non reciban a confirmación da praza, pasarán a unha listaxe da agarda.

Deja un comentario