Actividades na Coruña pola celebración do Día Internacional dos Museos

Visitas guiadas, obradoiros, charlas, concertos, entradas de balde e xogos centran a programación que se desenvolverá desde o 18 ata o 21 de maio

O Concello da Coruña súmase á celebración do Día Internacional dos Museos con diversos actividades que se desenvolverán desde o día 18 ata o 21 de maio. A Casa das Ciencias, Domus e Aquarium ofrecerán o próximo xoves, ademais, unha xornada de portas abertas, con acceso de balde.

Serán once as instalacións municipais que se sumen ás actividades programadas, que terán como día central o sábado, día 20. Casa das Ciencias, Domus, Aquarium, Museo Arqueolóxico, as casas museos Casares Quiroga, María Pita e Picasso, a Fundación Luís Seoane, e as salas de exposicións Quiosco Alfonso, Palexco e do Palacio Municipal de María Pita, participarán nos eventos, que ademais inclúen actividades na praza de María Pita dirixidas fundamentalmente para os máis novos e novas.

Os tres museos científicos, Casa das Ciencias, Domus e Aquarium serán de acceso gratuíto o día 18, data de celebración do Día Internacional dos Museos, e ademais o sábado día 20 a Domus acollerá a cuarta edición de «Encontro da noite», que levará a cabo unha xornada divulgativa sobre a contaminación luminosa e a preservación da oscuridade natural. A entrada será tamén de balde ata completar capacidade.

Para facilitar a participación, o Concello concentrou no sábado a maioría de actividades. Así, o Museo Arqueolóxico, que será de acceso gratuíto, deseñou visitas guiadas e obradoiros en horario de mañá e tarde, dirixidos tanto a público infantil como adulto, finalizando cun concerto a cargo do Trío de Madeiras do Conservatorio Superior de Música. Para participar nos obradoiros será necesario inscribirse previamente chamando ao teléfono 981 18 98 50.

No primeiro dos obradoiros, «Sementando na Prehistoria»  os nenos e nenas coñecerán os alimentos que formaban parte da cesta da compra na Prehistoria, falando da evolución dos hábitos alimentarios e tamén dos primeiros cultivos grazas á chegada da agricultura. Tamén coñecerán a importancia do coidado da terra e experimentarán con técnicas de reforestación dos campos. No segundo, «Crebracabezas no museo», desenvolveranse actividades dinámicas para descubrir as pezas e os lugares máis simbólicos que alberga o Castelo de San Antón. A través de xogos clásicos grupais, conseguiremos atopar os tesouros do pasado e descubrir a súa historia. Ademais, haberá un terceiro obradoiro dirixido ao público adulto que terá a arxila como fío condutor para descubrir o mundo prehistórico e as técnicas de modelaxe

As tres casas museos dependentes do Concello tamén programaron diversas actividades para o día 20. Así, a Picasso terá a terceira e última xornada do denominado proxecto VINTE, de recuperación da memoria do Picasso coruñés a través das artes escénicas. Promovido pola compañía teatral coruñesa Os Náufragos Teatro, propón recuperar para a cidadanía a memoria do territorio habitado polo pequeno Picasso durante a súa estadía na Coruña, intervindo -por medio das artes escénicas- un dos principais espazos que marcaron a súa vida na nosa cidade: a vivenda familiar dos Ruiz Picasso na Coruña, na Rúa Pai Gómez 14, hoxe convertida na Casa Museo Picasso. A actividade principal consistirá nun espectáculo escénico que percorrerá os distintos andares da Casa Museo, desenvolvendo accións teatrais, unha peza performática e elementos musicais e visuais ao longo das súas distintas estancias. Este percorrido teatralizado virá precedido por unha acción escénica e participativa introdutoria na planta baixa do edificio, na que se lembrarán algúns dos feitos, lugares e puntos clave da vida do pequeno Pablo Ruiz Picasso na Coruña. Para participar é necesario unha preinscrición.

A Casa Museo Casares Quiroga, ademais das exposicións que acolle, levará a cabo o sábado o obradoiro infantil Arte Sostible. Será ás 18.00 horas, con inscrición previa.

E na Casa Museo María Pita poderase visitar a exposición da obra de María Braxe mentres que os máis pequenos e pequenas poden participar na praza das Bárbaras na actividade «Xogando a ser pirata», que terá límite de prazas e inscrición previa.

As salas de exposicións súmanse tamén o sábado aos eventos, con visitas guiadas a cargo dos autores das mostras actualmente en marcha, tanto no Palexco, coa exposición «O vento comezou de novo. O mundo de Pablo Ruiz contado por Villalobo», como no Palacio Municipal de María Pita, coa exposición «Pinta!», de Rául Álvarez, e o Quiosco Alfonso, coa exposición «En pretérito seguinte». Todas requiren inscrición previa

No caso de Palexco, ademais das visitas guiadas desenvolverase o obradoiro infantil «Somos Picasso», mentres que no Quiosco Alfonso haberá, ás 19.00 horas, unha charla para abordar os seus procesos creativos a cargo dos seis artistas que conforman a mostra, Manuel Suárez, Correa Corredoira, Lara Pintos, Mico Rabuñal, Pilar Cancio e Samuel Castro.

Pola súa banda, a Fundación Luís Seoane programou unha visita guiada o domingo, 21 de maio ás 12.00 horas, á exposición «Xesús! 70 anos de Campos», para a que tamén é necesaria inscrición previa

O sábado a praza de María Pita será escenario ademais de diversos actos orientados ao público infantil. Serán de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, con tres actividades: «Deixa a túa Pegada. Mural Freestyle», onde os máis cativos terán a oportunidade de vivir unha experiencia deseñando un museo con elementos da cidade; «ArquiArte», onde empregarán a creatividade e a imaxinación para ser arquitectos dunha nova cidade e as súas paisaxes; e «Quen vive aí?», no que poderán construír as casas de recoñecidos artistas, Rosalía de Castro, Pablo Picasso, Emilia Pardo Bazán, María Pita e María Casares.

PROGRAMACIÓN DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Aquarium. Xoves 18 de maio. Xornada de portas abertas.

Domus. Xoves 18 de maio. Xornada de portas abertas.

Sábado 20 de maio: 4ª Edición «Encontro da noite». Xornada divulgativa sobre a contaminación lumínica, preservación da oscruridade natural natural. Entrada de balde ata completar aforo. Mais información: https://agrupacionio.com/portfolio/iv-encontro-da-noite/

Casa Ciencias. Xoves 18 de maio. Xornada de portas abertas.

Museo Arqueolóxico. Sábado 20 de maio. Xornada de portas abertas, de 10 a 00.00 horas.

1. VISITAS GUIADAS

Percorrido polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico. 12 e 18 horas. Público: adulto. Prazas: 25

2. OBRADOIROS INFANTÍS DE ARQUEOLOXÍA:

2.1. Sementando na Prehistoria. 12.00 horas. Público: de 6 a 12 anos. Prazas: 20

2.2. Quebracabezas no Museo.Hora: 17.00 horas. Público: de 6 a 12 anos. Prazas: 20

3. Taller de arqueoloxía para adultos. Pensar coas mans. 19 horas: 19 h..Prazas: 20

4. CONCERTO DO TRÍO DE MADERAS DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA. Jorge Aldao López (clarinete), Sara Tenreiro Amado (fagot) y Noreia Hermida Pérez (frauta). Interpretarán obras de Mucynski, Kowalenski y Walckiers. 21.30 horas. Por orde de chegada ata completar aforo.

As visitas guiadas e os obradoiros requiren inscrición previa no teléfono: 981189850. Por orde de chamada ata completar aforo. Apertura de prazo: venres 12 de maio ás 10.00 horas.

Casa Museo Picasso

Visitas teatralizadas. Ás 12.00, 17.00 e 19.00 horas. Inscrición no enderezo electrónico osnaufragosteatro@gmail.com

Exposición «El Guernica: Una viñeta universal, humor en la oscuridad». .

Casa Museo Casares Quiroga.

Exposición: Salón de primavera. Asociación de Artistas de A Coruña. .

OBRADOIRO INFANTÍL – ARTE SOSTIBLE. Ás 18.00 horas. Público: de 6 a 12 anos. Prazas: 20. Require inscrición previa no teléfono: 639445202. Apertura de prazo de inscrición: venres 12 de maio ás 10.00 horas

Casa Museo María Pita

Exposición: Obra de María Braxe.

OBRADOIRO INFANTÍL – XOGANDO A SER PIRATA, na Praza das Bárbaras. 11.00 horas. Público: de 6 a 12 anos. Prazas: 20. Require inscrición previa no teléfono: 639445202. Apertura de prazo de inscrición: venres 12 de maio ás 10 h.

Kiosco Alfonso

Exposición En Pretérito Seguinte. Visitas guiadas ás 12:00 e as 17:00 horas. Require inscrición previa no enderezo electrónico: manuelsuarezarte@gmail.com. Apertura de prazo de inscrición: venres 12 de maio ás 10.00 horas.

Ás 19.00 horas, charla Proceso Creativo, con participación dos seis artistas da mostra: Correa Corredoira, Lara Pintos, Manuel Suárez, Mico Rabuñal, Pilar Cancio e Samuel Castro.

PALEXCO

Exposición O vento comenzou de novo. O mundo de Pablo Ruiz contado por Villalobo. Vsitas guiadas polo artista e o comisario da mostra, ás 13:00, 18:00 e 20:00 horas. Requiren inscrición previa no enderezo electrónico: villaloboexpo@gmail.com ous nos teléfonos: 656870563 – 630641813

OBRADOIRO INFANTÍL – SOMOS PICASSO. 12.15 horas. Público: de 6 a 12 anos. Prazas: 20. Inscrición previa no teléfono: 639445202. Apertura de prazo de inscrición: venres 12 de maio ás 10 h.

Sala de Exposicións do Palacio Municipal

Exposición de Raúl Álvarez. Pinta!. Visitas guiadas polo artista e o comisario da mostra, ás 13:00 e 20:00 horas. Inscrición previa no teléfono: 620365249

Actividades infantis na praza de María Pita, sábado 20

Deixa a túa Pegada. Mural Freestyle.

ArquiArte.

Quen vive aí?.

De 12.00 a 14.00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Público: de 3 a 12 anos. Non requiren inscrición.

Fundación Luis Seoane, domingo 21 de maio.

Visita guiada á  exposición «Xesús! 70 anos de Campos«, ás 12.00 horas. Para participar é necesario reserva previa no teléfono 981 216 015.

Deja un comentario