MIES É+ (CGAC)

Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2023

Do 29 de xaneiro ao 9 de maio de 2023, de 11:00 a 13:00, no Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)

O CGAC presenta a oitava edición deste ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea e dirixido ao público infantil.

Os talleres desenvólvense baixo a dirección do arquitecto e educador Fermín Blanco co apoio do equipo didáctico do Sistema Lupo. O seu obxectivo é proporcionarlles aos nenos e ás nenas as ferramentas e as claves necesarias para interpretar a arquitectura do noso tempo a través das teorías, os proxectos e os traballos dos arquitectos e arquitectas máis importantes dos últimos tempos.

O Sistema Lupo aposta por unha didáctica activa, experimental, mestura de teoría e práctica, onde o xogo é o verdadeiro aglutinante dunha dinámica creativa de carácter cooperativo.

Os temas serán tratados transversalmente empregando a arquitectura como fío condutor. Valerémonos da figura de diversos autores para introducirnos en mundos creativos a través do seu pensamento.

O proxecto educativo baséase tanto na xeración de didácticas como no deseño de recursos a partir de todo tipo de materiais (madeiras, membranas, goma escuma, arxilas, combinados sintéticos etc.) e exploracións no mundo inmaterial que permiten múltiples posibilidades combinatorias, formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción. A dinámica proposta fomenta a reflexión e a creatividade individual, así como o traballo en equipo a través do xogo e a construción a grande escala.

Nesta edición profundaremos novamente no pensamento dos grandes pioneiros da arquitectura co habitual acento nas mulleres que desenvolveron o seu traballo neste eido.

XANEIRO. Herman Hertzberger. Arquitectura e escola

Sábado, 28 de xaneiro. Para nenas e nenos de 6 a 8 anos

Domingo, 29 de xaneiro. Para nenas e nenos de 9 a 11 anos

Prazas: 12

Prazo de inscrición: Do 16 ao 26 de xaneiro ás 13:00 h

FEBREIRO. Aldo van Eyck. Xogar o espazo público

Sábado, 25 de febreiro. Para nenas e nenos de 6 a 8 anos

Domingo, 26 de febreiro. Para nenas e nenos de 9 a 11 anos

Prazas: 12

Prazo de inscrición: Do 13 ao 23 de febreiro ás 13:00 h

MARZO. Getrude Jekyll e Edwin Lutyens. Xardinería e paisaxe

Sábado, 25 de marzo. Para nenas e nenos de 6 a 8 anos

Domingo, 26 marzo. Para nenas e nenos de 9 a 11 anos

Prazas: 12

Prazo de inscrición: Do 13 ao 23 de marzo ás 13:00 h

ABRIL. Matilde Ucelay. Pioneiras

Sábado, 22 de abril. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos

Domingo, 23 de abril. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos

Prazas: 12

Prazo de inscrición: Do 10 ao 20 de abril ás 13:00 h

MAIO. Agnes Denes. Ecoactivismo

Sábado, 13 de maio. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos

Domingo, 14 de maio. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos

Prazas: 12

Prazo de inscrición: Do 3 ao 11 de maio ás 13:00 h

Imparte: Denís Gándara

Inscrición: Todos os talleres son de balde. As persoas interesadas poderán inscribirse, dentro dos prazos establecidos, a través do correo electrónico cgac.educacion@xunta.gal indicando os seguintes datos: nome completo e idade dos participantes, número de teléfono e enderezo electrónico de contacto, e nome do taller ao que desexan asistir. Poderase inscribir un máximo de dous participantes mediante cada solicitude. As prazas cubriranse por orde de inscrición. As persoas solicitantes recibirán unha notificación por correo electrónico.

Publicación orixinal aquí

Deja un comentario