Campamentos Nadal 2022 no Fórum e no Ágora

Inscrición desde o 1 de decembro aquí

Para menores nados entre o 01/01/2011 e o 31/12/2018

Un ano máis o Fórum Metropolitano e o Centro Ágora acollen campamentos durante os días de Nadal. Este ano o eixe central das actividades será a maxia e a ilusión coa que os nenos e as nenas descubrirán trucos asombrosos.

A QUEN VAI DIRIXIDO:

Para público en xeral

CANDO:

23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro do 2022 e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro do 2023. 

INSCRICIÓNS:

Dende o 01/12/2022 ata o 11/12/2022

HORARIO:

  • Ordinario: de 10.00 a 14.00 h.
  • Ampliación horaria:
    • Opción A: de 10.00 a 14.30 h
    • Opción B: de 9.00 a 14.00 h
    • Opción C: de 9.00 a 14.30 h
    • Opción D: de 8.30 a 14.00 h
    • Opción E: de 8.30 a 14.30 h.

As modalidades de ampliación horaria só se porán en marcha cun mínimo de 10 participantes. Haberá unha pausa de 11.45 a 12.00 h, para a merenda, que cada participante traerá da súa casa.

PREZO:

  • Campamento, con horario ordinario: 35,00 €
  • Opcións con ampliación horaria:
    • Opción A: 38,00 €
    • Opción B: 40,00 €
    • Opción C: 42,50 €
    • Opción D: 42,50 €
    • Opción E: 45,00 €

REQUISITOS:

  • Nenas e nenos nadas/os entre 2011 e 2018, agrupados por idades. 
  • Número de prazas en cada centro: 165, distribuídos en 9 grupos por idades. Reservarase o 5% das prazas para solicitantes con diversidade funcional en grao que lles permita participar nas actividades motrices co grupo. Non se acometerán tarefas que requiran funcións médicas ou hixiénico-sanitarias. No caso de que haxa maior demanda deste tipo de prazas, valorarase individualmente cada unha das solicitudes. 
  • A inscrición é directa ata cubrir as prazas.
  • Todo o proceso de inscrición será telemático.

PÁXINA WEB:

www.coruna.gal/cultura

CONTACTO:

Teléfono de información municipal 010

Correos electrónicos:

forumagora@serviplus.org

forumocio@coruna.es 

  • Publicación orixinal aquí

1 comentario en “Campamentos Nadal 2022 no Fórum e no Ágora”

  1. Pingback: Especial Navidad: conciliación – Tobogalia

Deja un comentario