Aventura coas focas. Novas sesións

O Aquarium Finisterrae abre a reserva de entradas para as sesións do primeiro trimestre do ano da actividade «Aventura coas focas».

Trátase dun taller de divulgación científica para coñecer de primeira man a rutina diaria das focas que viven nas piscinas exteriores. Durante os 90 minutos que ocupa a actividade as persoas participantes visitarán a cociña do Aquarium, participarán na preparación dos alimentos e accederán ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños.

A QUEN VAI DIRIXIDO?:

A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do Libro de Familia onde figuren o nome e a data de nacemento.

Os nenos e nenas deberán ir acompañados/as durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous/dúas menores.

CANDO:

Dende o 14/01/2023 ata o 26/03/2023

Celebrarase os días 14, 15, 21, 22, 28, 29 de xaneiro, 4, 5, 11, 12, 18, 19, 25, 26 de febreiro, 4, 5, 11, 12, 18, 19, 25 e 26 de marzo.

INSCRICIÓNS:

Require reserva de entradas para todas as persoas participantes. Poderanse realizar as reservas a partir das 10 horas do luns 9 de xaneiro, premendo aquí.

HORARIO:

Das 11.00 ás 12.30 horas

ENDEREZO:

Aquarium FinisterraePaseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

NÚMERO DE PRAZAS:

264 prazas en total, 12 prazas por sesión

PREZO:

Esta actividade non ten custo engadido ao prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que cada visitante deba aboar para entrar no recinto.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *