Programa Apego. Actividades para setembro-novembro do 2023 (A Coruña)

Velaquí a programación para os últimos meses de 2023:

Martes 5 de setembro, dous pases: 17.30 e 18.30 h (30 min)

Inscrición: a partir do venres 1 de setembro, ás 10.00 h

Espectáculo de narración oral e música en directo. Xogar, contar e cantar con Xan, con Pedro, co can, co gato e co rato ata caer de cu polo burato!

Martes 12 de setembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (35 min)

Inscrición: a partir do venres 8 de setembro, ás 10.00 h

Xan, dono dunha granxa, terá un problema co seu galo que pode condicionar toda a vida cotiá da granxa. A través de pequenas historias, cancións e contos, Xan intentará arranxar o funcionamento da súa granxa.

Martes 19 de setembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 15 de setembro, ás 10.00 h

Abordarase teatralmente, con sutileza e delicadeza, unha temática preocupante, os abusos sexuais na infancia, un tema tabú para a sociedade que convive no noso día a día e ten unhas estatísticas alarmantes.

Martes 26 de setembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)

Inscrición: a partir do venres 22 de setembro, ás 10.00 h

Os arrolos, nanas ou cantigas de berce son cantares infantís de cariz popular, de suave rítmica e melodía que acotío se acompañan de movemento ou un axóuxere. Reforzarase o vínculo afectivo entre as crianzas e as persoas adultas.

Martes 3 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (35 min)

Inscrición: a partir do venres 29 de setembro, ás 10.00 h

Conto pola igualdade. Carabranca é unha nena pirata que logra todo o que se propón, desafiando calquera perigo marítimo e terrestre. Teatro de obxectos, aventuras con valores e ánimo de superación.

Martes 10 de outubro, tres pases: 17.00, 17.40 e 18.20 h (30 min)

Inscrición: a partir do venres 6 de outubro, ás 10.00 h

As crianzas poderán facer o seu pequeno libro e ver como era o traballo dos antigos impresores e editores, que tanta relevancia tiveron como axentes do legado cultural escrito.

Martes 24 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición: a partir do venres 20 de outubro, ás 10.00 h

Ecoloxismo, reciclaxe, xestión das emocións e a mensaxe final e máis importante da obra: vale a pena a vinganza? A partir do libro do mesmo título, a versión teatral que nos fará reflexionar con moito humor para nenos, nenas e as súas familias.

Martes 31 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)

Inscrición: a partir do venres 27 de outubro, ás 10.00 h

Achegamento á lingua por medio da música en directo e dos contos máis acaídos para bebés, para unha primeira toma de contacto con instrumentos e letras repetitivas e sinxelas.

Martes 7 de novembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (30 min)

Inscrición: a partir do venres 3 de novembro, ás 10.00 h

Unha historia fantástica sobre os zapatos que non teñen dono e xa ninguén usa, de todos os tamaños e cores. Unha posta en escena sinxela pero moi visual e de aprendizaxe para toda a familia.

Martes 14 de novembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición: a partir do venres 10 de novembro, ás 10.00 h

Unha viaxe a través da música en directo, do teatro, dos xogos e enredos tradicionais da man dun trasno que nace do amor da Lúa e o Sol.

Martes 21 de novembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición: a partir do venres 17 de novembro, ás 10.00 h

Descubriremos a relación da música e a natureza a través dos instrumentos tradicionais e artesáns que crearemos coa materia prima máis elemental: pallas, follas, cabazas, plumas… para exercitar a coordinación e valorar a nosa contorna.

Martes 28 de novembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 24 de novembro, ás 10.00 h

Obradoiro para os máis pequenos e pequenas no que exploraremos, con moita liberdade de acción, a importancia da lingua, da música e de captar estímulos. Autoexploración e aprendizaxe.

Precísase só a inscrición da crianza que o día da actividade estará sempre acompañada por unha persoa adulta. Pídese puntualidade.

Deja un comentario